CRTVG

Buscar

Está pasando

Máis de 7 millóns de venezolanos participaron na consulta en Venezuela

17/07/2017 06:48

Máis de sete millóns de venezolanos participaron na consulta popular convocada polo Parlamento para rexeitar o proceso constituínte impulsado polo Goberno, que insiste en que carece de validez legal. Trátase dun resultado histórico para un proceso electoral non oficial.

O 98 dos que votaron amosaron o seu rexeitamento á Asemblea Nacional Constituínte, convocada sen a aprobación previa do pobo. Esa mesma porcentaxe demándanlles ás Forzas Armadas e a todo funcionario público obedecer e defender a actual Carta Magna e apoiar as decisións do Parlamento. E tamén son un 98% os que aproban que se convoquen eleccións libres e transparentes, e se conforme un Executivo de unión nacional para restituir a orde constitucional.