CRTVG

Buscar

Está pasando

Maduro reitera que a Constituínte é o camiño e chama á oposición a falar

17/07/2017 02:33

O presidente de Venezuela pídelles aos cidadáns unha oportunidade para recuperar a economía do país e unha oportunidade para a paz e dilles que a Asemblea Nacional Constituínte, cuxa elección está convocada para o día 30, "é o camiño ás solucións".

Palabras dun Nicolás Maduro que tamén se dirixiu á oposición, que impulsou a consulta popular deste domingo contra ese proceso. Foi para facerlle un chamamento "á harmonía" e a que "deixen de ameazar e de usar a violencia" e se senten a falar "nun novo ciclo de diálogo pola paz e a independencia da patria". Ao mesmo tempo, chamou os venezolanos a crear "un gran movemento de conciencia nacional" que rexeite os feitos e chamadas á violencia.