CRTVG

Buscar

Está pasando

Loito pola morte de Xohana Torres

13/09/2017 10:31
A cultura galega vive hoxe unha xornada de loito pola morte da escritora Xohana Torres, destacada loitadora do galego durante os anos do franquismo e tamén firme defensora das mulleres.

A capela ardente abriu ás 10h no tanatorio Vigo Memorial. Será incinerada ás 9.30 da noite.

Xohana Torres destacou na poesía, na narrativa, no ensaio e na literatura infantil. Foi unha das voces destacadas da literatura galega na época da posguerra.

Na súa vida e na súa obra defendeu con forza a lingua galega. Ademais de na literatura, tamén usou o galego na radio. No ano 65 puxo en antena "Raíz e Tempo", o primeiro programa de cultura en lingua galega desde a guerra civil.

Desde o ano 2001 era membro da Real Academia Galega, na que entrou co seu discurso "Eu tamén navegar".

O "Diario Cultural" da Radio Galega ofrecerá hoxe, a partir das 3 da tarde, un programa especial para lembrala.