CRTVG

Buscar

Está pasando

Inmobilizadas vinte toneladas de ovo líquido contaminadas con frinopil

12/08/2017 14:50
Sanidade lanza unha mensaxe de tranquilidade. Os sistemas de control permiten a localización e retirada de calquera partida deste tipo.

O sistema europeo de alerta rápida advertiu a presenza de frinopil en ovos procedentes de Bélxica, dende onde se distribuíron a Austira, Reino Unido, Irlanda, Italia ou Eslovaquia.

Agora detectouse tamén unha partida de ovo líquido pasteurizado dirixido a unha empresa de Vizcaia. Unhas vinte mil unidades, vintetoneladas, que proviñan de Francia e se ían usar pra elaborar productos que entraría na cadea de distribución alimentaria no noso país.

A alerta rápida do sistema europeo permitiu bloquear a súa entrada. Foi retirado inmediatamente.

A axencia Española de Consumo e Seguridade Alimentaria subliña que España segue sen estar afectada pola crise dos ovos contaminados. E pon o foco en que os sistemas de control permiten a localización e retirada de calquera partida deste tipo.