Incineración de Santiago Carrillo

20/09/2012 10:21

Santiago Carrillo será incinerado hoxe no cemiterio da Almudena, ao que chega tras un cortexo fúnebre polo centro de Madrid. Esta mañá volveu abrir a capela ardente na sede de Comisións Obreiras, onde a familia do ex-dirixente comunista agradeceu nun breve acto o cariño recibido.
Máis de 25.000 persoas pasaron a darlle o último adeus a Santiago Carrillo. Milleiros de cidadáns anónimos e tamén unha ampla representación de políticos e sindicalistas.
Hoxe, o seu corpo será incinerado. As cinzas esparexeranse no mar Cantábrico, en Xixón, tal e como desexaba o histórico comunista.

Compartir en Facebook