CRTVG

Buscar

Está pasando

Identificado o autor do atropelo en Virxinia

13/08/2017 04:25
As autoridades acusaron formalmente de asasinato en segundo grao a James Alex Fields Jr., de 20 anos, como o presunto autor do atropelo múltiple deste sábado que causou un morto e máis de 20 feridos tras unha marcha de supremacistas brancos.

Fields, de raza branca, foi detido pouco después do atropelo de un grupo de persoas que protestaban contra a marcha convocada baixo o lema "Unir á dereita", e na que houbo violentos choques entre manifestantes e opositores á marcha.

Durante a caótica jornada, tamén houbo un accidente de helicóptero da policía estatal de Virxinia no que faleceron o piloto e un pasaxeiro, mortos que as autoridades vencellan ás protestas.