CRTVG

Buscar

Está pasando

Galicia medra pero os expertos advirten do risco da precariedade laboral

14/09/2017 13:20
O Foro Económico afirma que Galicia continúa nunha fase económica expansiva, pero alerta do risco de que se faga crónica a precariedade laboral.

No seu último informe, o Foro Económico valora que Galicia manteña un crecemento de arredor dun tres por cento grazas ó forte tirón das exportacións, aínda que advirte que iso non acaba de trasladarse ó mercado de traballo.

De feito, di que o actual nivel de emprego en Galicia, de arredor do 54 por cento, está 13 puntos por debaixo do que había antes da crise.

O Foro Económico insta á Xunta e ós axentes sociais a pactaren medidas que impulsen un emprego de máis calidade, ó considerar que hai risco de que se cronifique a precariedade actual.