CRTVG

Buscar

Está pasando

Filipe VI visita as instalacións do AIMEN no Porriño

17/07/2017 13:09

Segundo día de Filipe Sexto en Galicia. O monarca visita a esta hora as instalacións do Centro Teconolóxico AIMEN do Porriño. Un laboratorio considerado xa como un referente en España na investigación metalúrxica e que hoxe cumpre 50 anos en funcionamento.

No centro participan a día de hoxe 91 empresas que colaboran entre si para desenvolver difetentes proxectos relacionados coa soldadura por láser, a robótica e a automatización.

Despois o monarca presidirá en Vigo o vixésimo quinto aniversario do Círculo de Empresarios de Galicia no seu segundo día de visita oficial a nosa comunidade.