CRTVG

Buscar

Está pasando

Ferido grave tras recibir dúas coiteladas en Ciudad Lineal

17/07/2017 01:37

Un home de 32 anos está ferido grave tras recibir dúas coiteladas. Sucedeu no distrito madrileño de Ciudad Lineal.

Varias persoas atopárono tirado en plena rúa, inconsciente e sangrando abundantemente, e alertaron os servizos de urxencia. Os efectivos do Samur conseguiron estabilizalo e trasladárono ao Hospital Gregorio Marañón.

A Policía Nacional investiga o sucedido.