CRTVG

Buscar

Está pasando

Falece o toureiro galego Iván Fandiño

17/06/2017 22:18
Falece o toureiro galego Iván Fandiño. Tiña 36 anos. Perdeu a vida esta tarde por mor dunha grave cornada que recibiu dun astado da ganadería de Baltasar Ibán na cidade francesa de Aire Sur L'Adour. Fandiño foi prendido nun quite co capote. Nese momento trastabillou e unha vez no chan o animal cravoulle o pitón no costado.
O toureiro foi conducido á enfermeiría da praza de touros e dende alí a un hospital, pero xa nada se puido facer por salvarlle a vida.
Fandiño vestiuse de luces por primeira vez en Llodio, na provincia de Álava, e confirmou a súa alternativa con Antonio Ferrera e Morenito de Aranda o 12 de maio de 2009. Era un toureiro que se fixo nas capeas, sen tradición familiar no mundo dos touros; aos que se afeccionou aos 14 anos.
Anque naceu en Viscaia, seu pai é da localidade coruñesa de Oza dos Ríos e súa nai de Abegondo. Sempre dixo que a súa asignatura pendente era tourear en Galicia.