CRTVG

Buscar

Está pasando

Evacuado un home que caeu desde 15 metros en Maceda

11/01/2017 19:46

Un home duns 65 anos tivo que seren evacuado este mércores nun helicóptero medicalizado despois de sufrir unha caída, desde unha altura duns 15 metros, na localidade ourensá de Maceda.

Os feitos producíronse nunha vivenda de Outeiro da Torre, e o 112 tivo constancia da situación a primeira hora desta tarde, a través dun aviso de Urxencias Médicas.

Os efectivos sanitarios decidiron mobilizar o helicóptero con base en Ourense para trasladar ao ferido ata un centro hospitalario.