CRTVG

Buscar

Está pasando

Estratexia nacional para combater os desaxustes demográficos

11/01/2017 19:57

O Goberno e as comunidades autónomas acordaron hoxe levar á Conferencia de Presidentes, que se vai desenvolver o martes vindeiro no Senado, unha "estratexia nacional" para facer fronte aos desequilibrios demográficos. Ademáis acordaron a creación dunha comisión para coordinar a resposta diante de catástrofes naturias e ameazas novas.

Son dous dos puntos que formarán parte da orde do día da Conferencia, segundo acaban de informar varios conselleiros asistentes á reunión preparatoria de hoxe, encabezada pola vicepresidenta, Soraya Sáenz de Santamaría, e na que participou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Ademais, a Conferencia será o punto de partida da reforma do financiamento autonómico.