CRTVG

Buscar

Está pasando

España, lider imbatible en doazóns e transplantes

11/01/2017 19:21

España, líder mundial en doazóns e transplantes durante 25 anos consecutivos, volve superar a súa propia marca. No 2016 houbo un total de 2.018 doadores e realizáronse 4.818 transplantes.

Segundo os datos facilitados hoxe pola ministra de Sanidade, Dolors Montserrat, en Galicia houbo 106 doadores, unha cifra moi semellante á rexistrada o ano pasado, cando houbo 109.