CRTVG

Buscar

Está pasando

Dous desaparecidos nunha abordaxe no Porto de Barcelona

20/03/2017 18:32

Un accidente entre dous barcos, rexistrado esta tarde, no Porto de Barcelona, provocou o afundimento dun deles.

Hai dous mariñeiros desaparecidos e outros dous feridos.

Foi un mercante ruso o que golpeou un pesqueiro e provocou que fose a pique.

Segundo fontes de Salvamento Marítimo, a abordaxe produciuse preto das tres e media cando, por motivos que aínda se descoñecen, o buque Midvolga Dous golpeou un pesqueiro con catro tripulantes.

O propio mercante rescatou dous dos mariñeiros do pesqueiro, que sufriron feridas de distinta consideración. Os dous foron evacuados nunha embarcación de Salvamento que os levou a terra firme.