Don Xoán Carlos e Mariano Rajoy charlan durante cincuenta minutos sobre a situación económica

22/08/2012 20:58

A axuda de 400 euros aos parados sen prestación foi un dos asuntos que analizaron esta tarde na Zarzuela o Rei e o presidente do Goberno, Mariano Rajoy.
A reunión durou uns 50 minutos e foi a primeira entre ambos despois das vacacións de Rajoy en Galicia e Doñana.
Rajoy e o Monarca comentaron outros asuntos de política internacional, fundamentalmente os contactos que manterá o xefe do Executivo nos próximos meses con varios dos seus colegas europeos.
Así mesmo, analizaron os últimos datos coñecidos sobre a evolución e as perspectivas da economía española.

Compartir en Facebook