CRTVG

Buscar

Está pasando

Detido un sospeitoso do atentado contra o Borussia Dortmund

21/04/2017 09:29

En Alemaña detiveron un home sospeitoso de perpetrar o atentado contra o autobús do equipo de fútbol do Borussia Dortmund hai dez días. Trátase dun mozo de 28 anos con nacionalidade xermano-rusa.

Segundo informa a Fiscalía, o home actuou por motivos económicos. O mesmo día do atentado comprara quince mil opcións de venda de accións do Dortmund (para o que tivera que pedir un crédito). Co atentado pretendía que as accións do equipo de fútbol baixasen considerablemente, o que aproveitaría para vender os títulos ao prezo establecido previamente.