CRTVG

Buscar

Está pasando

Detido un home por unha presunta agresión sexual e outros cinco por omisión de socorro

13/08/2017 13:17
Os feitos acontecían onte á tarde na zona de Gandía. Varios axentes foron alertados para que acudisen a unha vivenda na que se atobana unha muller retida. Cando chegaron ó domicilio os policías percatáronse da presencia de varios mozos no interior ademais da da muller que foi quen lles abriu a porta.

A moza fora presuntamente agredida sexualmente por un dos seus compañeiros de piso, quen lle vetou a saída da casa, mentres outros cinco individuos que se atopaban tamén no interior fixeron caso omiso das peticións de auxilio da vítima.

Os axentes identificaron ós seis sospeitosos, de entre vinte e nove e cincuenta e dous anos e detiveron a un deles como presunto autor dun delito de agresión sexual e detención ilegal. Ós cinco restantes atribúselles un delito de omisión do deber de socorro. Todos eles pasaron xa a disposición xudicial.