CRTVG

Buscar

Está pasando

Detido un home en Silleda tras presuntamente acoitelar a unha muller

13/09/2017 16:38
Os feitos ocorreron arredor das dúas da tarde neste concello pontevedrés.

O home tería agredido á muller no domicilio desta, onde residía con dous dos seus fillos.

De momento, descoññécese o estado da muller, que tivo que ser trasladada a un centro sanitario.

Segundo a Delegación do Goberno, non existía relación sentimental entre a vítima e o agresor, polo que os investigadores non consideran que se trate dun caso de violencia machista.