CRTVG

Buscar

Está pasando

Detido por un tiroteo nun supermercado ourensán

11/01/2017 16:28

A Policía detivo un mozo, con antecedentes policiais, que efectuou un disparo cunha escopeta, e sen ferir a ninguén, nun supermercado de Ourense que pretendía atracar.
Os feitos aconteceron contra as dúas e cuarto desta tarde, na zona do Campus universitario de Ourense.

O home realizou un disparo cunha escopeta que impactou contra os vidros da entrada do establecemento.

Axentes da Policía Nacional tomaron declaración a empregados e clientes e recolleron probas.