CRTVG

Buscar

Está pasando

Detido o conselleiro de OHL no marco da operación Lezo

21/04/2017 09:31

Continúa aberta a operación que investiga a presunta corrupción na empresa pública de augas de Madrid. Esta noite foi detido o conselleiro da construtora OHL Javier López Madrid. O home estaba en Londres e desprazouse a Madrid despois de que a Garda Civil lle comunicara que estaba sendo investigado e que tiña unha orde de detención contra el. Nada máis chegar á capital, xa de noite, foi arrestado.

Na operación Lezo hai, de momento, trece detidos. Un deles, o ex-presidente da Comunidade de Madrid, Ignacio González, que pasará hoxe a disposición do xuíz que instrúe o caso.