Detido o alcalde de Boqueixón na operación Pokemon
O alcalde de Boqueixón, o popular Adolfo Gacio, é o último dos detidos na chamada operación Pokemon. Trátase dun operativo dirixido polo Xulgado de Instrución número 1 de Lugo contra a malversación de cartos e a prevaricación, entre outros delitos.
Tamén foi arrestado o alcalde socialista de Ourense, Francisco Rodríguez, que mañá pasará a disposición xudicial.
