CRTVG

Buscar

Está pasando

Pasa a disposición xudicial o vigués acusado de acosar sexualmente quince adolescentes

21/04/2017 11:11

O acusado é un hostaleiro vigués de 40 anos. A Policía Nacional arrestouno o martes e esta mañá pasou a disposición do xuíz.

Ao parecer, captaba os menores, de entre 14 e 15 anos, convidándoos en cafeterías e locais de lecer. Levábaos á súa vivenda ou barco e suxeríalles ver películas con contido sexual ou mesmo espirse para lles facer fotografías.

Segundo informa a policía, mesmo creou un grupo de WhatsApp con menores onde lles enviaba imaxes pornográficas.

As investigacións comezaron hai dous meses cando a policía tivo coñecemento da existencia dun adulto que contactaba con menores e os convidaba a subir ao seu vehículo de gama alta.