CRTVG

Buscar

Está pasando

Detida unha vendedora ambulante en Portonovo por vender armas no seu posto

12/08/2017 15:56

A detención producíase na madrugada do venres no transucrso dunha inspección rutineira que realizou a Garda Civil nos distons postos de venda do lugar.

Nun deles, os axentes puideron comprobar que estaban expostas á venda un centenar de chaves de puxilato, consideradas armas prohibidas, 46 puños americanos, vinte e catro navallas bolboreta e vinte e oito estiletes, ademais dunha lanterna cun mecanismo que agochaba un puñal.

Como responsable do posto de venda foi identificada unha muller romanesa, investigada agora por un delito de tenza e venda de armas prohibidas.