CRTVG

Buscar

Está pasando

Desaloxan casas nunha parroquia ferrolá pola proximidade do lume

21/04/2017 02:40

A Xunta activa o nivel 2 de alerta no incendio que se declarou no concello coruñés de Narón e que afecta xa ó veciño de Ferrol. De feito, o nivel 2 de alerta actívase pola proximidade das lapas ás casas nunha parroquia ferrolá, a de Covas. A Radio Galega puido confirmar que varias casas do núcleo de Picheiro foron desaloxadas por precaución.

O lume comezou en Narón, na parroquia de O Val, e as lapas fóronse estendendo por montes próximos á costa ata chegar á localidade limítrofe. En Narón, o incendio afecta a montes do Lugar de Interese Comunitario (LIC) da Costa Ártabra, incluído tamén na Rede Natura 2000; e, en Ferrol, o último que sabemos é que está preto da contorna natural da praia de Ponzos, que ten unha especial relevancia mediombiental, porque ademais de estar na Rede Natura e ser LIC, e Zona de Especial Protección de Aves.