CRTVG

Buscar

Está pasando

Dastis insiste nunha saída negociada e pacífica para Venezuela

17/07/2017 12:23

Venezuela centra as conversas na xuntanza de ministros exteriores que se celebra en Bruxelas. Dende alí o español Alfonso Dastis incidiu en que a súa vontade é a de apostar por unha saída negociada para o conflito que non pasa en ningún caso, di, pola formación da Asamblea Constituínte.

En Venezuela, a oposición considera que Maduro quedou revogado logo do resultado do referendo simbólico celebrado onte en contra da formación da Asamblea Constituínte.

Un 98% dos 7 millóns de cidadáns que acudiron a votar rexeitan o proxecto do goberno, segundo os opositores.