CRTVG

Buscar

Está pasando

Criterios para modernizar as titulacións universitarias

20/03/2017 21:18

As tres Universidades galegas e a Xunta presentaron esta tarde en Santiago os criterios que van seguir para modernizar o mapa de titulacións.

Coinciden en que o obxectivo é aumentar a competitividade dos estudos superiores que se ofrecen en Galicia e adaptalos á demanda das empresas.

Os reitores comprometéronse a traballar con lealdade e mellorar a cooperación. Buscarán fusionar carreiras, crear títulos novos e mesmo suprimir aqueles que non teñen sentido. Todo coa idea de traballar coordinados sen modificar o tamaño actual das universidades.