CRTVG

Buscar

Está pasando

Corea cualifica de provocación atroz as sancións da ONU

13/09/2017 03:43
Corea do Norte cualifica de provocación atroz as últimas sancións da ONU e asegura que seguirá adiante coas súas probas nucleares.

Nun comunicado, o Ministerio de Exteriores norcoreano cualificou de bloqueo económico a gran escala o feito de que as Nacións Unidas lle prohíban vender produtos textís ó exterior e limiten con Pyonyagn os intercambios comerciais de gas e derivados do petróleo.
O Goberno de Kin Yon Un entende que o están privando do seu lexítimo dereito á autodefensa a través do seu programa armamentístico e di que vai chegar con esta loita ata o final.

As sancións da ONU chegan tralo ensaio nuclear máis potente efectuado por Corea do Norte, no que -supostamente- detenou unha bomba de hidróxeno.