CRTVG

Buscar

Está pasando

Condenado a traballos comunitarios por agredir o pai

20/03/2017 11:46

Un mozo de Pontevedra terá que cumprir corenta días de traballos comunitarios e afastarse de seu pai durante seis meses. É a condena que lle puxo o xuíz por agredir o seu proxenitor.

A Policía Nacional e a Policía Local de Pontevedra detiveron esta fin de semana o mozo por ameazar a seu pai cun coitelo. Os axentes acudiron á vivenda familiar e prenderon o presunto agresor. O pai non tiña feridas de arma branca, pero si un golpe na cara, polo que foi trasladado a un centro médico.

Este domingo celebrouse un xuízo rápido e emitiuse unha sentenza por conformidade. O mozo foi condenado a cumprir corenta días de traballos comunitarios, a afastarse de seu pai durante seis meses e durante ese mesmo tempo ten prohibido levar armas.