CRTVG

Buscar

Está pasando

Conde-Pumpido non ve factible reabri-lo caso Yak-42

11/01/2017 13:20

O maxistrado do Tribunal Supremo Cándido Conde-Pumpido non ve factible reabrir o caso Yak-42 nin aprecia responsabilidade do daquela ministro de Defensa, Federico Trillo.

Conde-Pumpido, que foi fiscal xeral do Estado entre 2004 e 2011, fixo estas declaracións nun coloquio organizado pola revista Vanity Fair.

Asegura que é practicamente imposible reabrir o caso dende o punto de vista penal.