CRTVG

Buscar

Está pasando

China cambia o seu negociador para Corea

13/08/2017 09:21
China decidiu cambiar o seu negociador para a península de Corea despois de 13 anos no porto xusto cando a rexión vive unha grave crise polas ameazas mutuas entre Estados Unidos e Corea do Norte.

O mediador cesado liderou o fallido diálogo a seis, entre China, as dúas Coreas, Estados Unidos, Xapón e Rusia, entre 2003 e 2008 para tentar dete-lo programa nuclear norcoreano. O novo mediador terá como principal misión reanudar ese diálogo a seis, algo que nestes momentos semella case imposible.