CRTVG

Buscar

Está pasando

Chile confirma o avistamento dun ovni no 2014

11/01/2017 20:07

Pilotos dun helicóptero da Armada de Chile confirmaron hoxe o avistamento dun ovni en novenbro de 2014, nun espazo comprendido entre os peiraos de San Antonio e Quintero, na rexión de Valparaíso. Segundo un comunicado da institución, foi grazas a unha cámara infravermella de alta definición.
O avistamento confirmárono, de xeito visual, os dous oficiais que integraban a tripulación (o piloto e un operador de cámara) e tivo unha duración de máis de dez minutos.

Chile, con 17 millóns de habitantes, está considerado o quinto país do mundo co maior número de avistamentos de ovnis, despois dos Estados Unidos, Perú, Brasil e Rusia.