CRTVG

Buscar

Está pasando

Chanceler venezolano reúnese con diplomático estadounidense

12/08/2017 22:27
O cnanciler venezolano, Jorge Arreaza, reuniuse co encargado de negocios de Estados Unidos en Caracas, Lee McClenny.

A reunión tivo lugar no marco de unha convocatoria do ministerio de Exteriores venezolano ó corpo diplomático acreditado nese país.

O xefe da diplomacia venezolana fixo votos para que o Goberno de Nicolás Maduro poida recompoñe-las relacións de respecto non só con Estados Unidos, senon con tódolos países que nos últimos meses criticaron as súas decisións.