CRTVG

Buscar

Está pasando

Atopan morto a un home no interior do seu vehículo en Vigo

13/09/2017 18:50
O varón de 67 anos foi atopado este mércores no interior do seu coche aparcado na Praza da Industria, en Vigo.

Malia que aínda se descoñecen as circunstancias da súa morte, as investigación forense apunta a un posible infarto. O home estaba en tratamento médico a causa de varias doenzas.

Fontes policiais indicaron tamén que o falecido levaba dende o luns no vehículo onde foi atopado.