CRTVG

Buscar

Está pasando

As vítimas do Alvia preguntanlle á comisaria de Transportes cando activará a investigación

20/03/2017 16:10

A Plataforma de Vítimas Alvia 04155 pregúntalle por escrito á comisaria europea de Transportes cando activará a Comisión Europea a investigación independente que reclamou no seu día a comisión de peticións da Eurocámara.

En dúas misivas, a asociación de vítimas reclámalle a Violeta Bulc que responda a varias preguntas sobre o incumprimento da directriz europea de seguridade ferroviaria e a necesidade dunha investigación independente sobre o sinistro de Angrois. Tamén lle piden unha valoración sobre a independencia da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios española.

Cómpre lembrar que o 6 de marzo Bulc se comprometera en Madrid ante as vítimas a estudar se se podía facer algo máis para que houbese unha investigación do accidente. A comisaria de Transportes mesmo fixara un prazo de tres semanas para contestar ás súas reivindicacións.