CRTVG

Buscar

Está pasando

As reválidas de Primaria e Secundaria, a finais de maio

21/04/2017 18:21
Finalmente, as reválidas de Primaria e Secundaria vanse celebrar a finais do mes de maio en Galicia.
Segundo a Consellería de Educación, os exames de Sexto de Primaria e de Cuarto da ESO terán lugar os días 23 e 24 de maio. As probas de Terceiro de Primaria, en cambio, serán os días 30 e 31 dese mesmo mes.
Ademáis, as reválidas terán carácter "mostral": non se van celebrar en todos os centros senón nalgúns seleccionados por criterios técnicos. Representarán aproximadamente o 15 por cento do total.
Educación insiste en que as probas non terán repercusión ningunha no expediente académico dos alumnos.