CRTVG

Buscar

Está pasando

As mulleres embarazadas non poderán ser despedidas en despedimentos colectivos

14/09/2017 11:08
As mulleres embarazadas non sempre poderán ser despedidas en caso de despedimento colectivo. É a conclusión do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que obriga a Bankia a readmitir unha empregada de Barcelona.

No ano 2013, Bankia acordou cos sindicatos un despedimento colectivo. A muller estaba incluída na listaxe porque tiña menos puntos ca outros traballadores, xa que nas últimas semanas tivera un menor rendemento. Ela acudiu ós tribunais argumentando que os criterios de rendemento non estaban ben usados porque estaba embarazada e non podía facer algunhas tarefas.

A xustiza europea acaba de darlle a razón. Recorda que, segundo as normas comunitarias, as mulleres non poderán ser despedidas desde o inicio do embarazo ata o final do permiso de maternidade. A empresa só pode despedilas en casos excepcionais, nunca por causas relacionadas co embarazo.