CRTVG

Buscar

Está pasando

As empresas galegas usan pouco as redes sociais, di o INE

14/09/2017 12:32
As empresas galegas usan pouco as redes sociais para anunciarse ou darse a coñecer. Segundo un informe que acaba de publicar o Instituto Nacional de Estatística, só fan uso desas redes sociais o 42 por cento das empresas, a segunda cifra máis baixa de toda España, só por diante de Castela-A Mancha.

O estudo só analiza as empresas de 10 ou máis empregados. Galicia está por riba da media no uso da sinatura dixital, que permite asinar contratos ou documentos a través de Internet. Dispoñen dese sistema o 79 por cento das empresas, 2 puntos máis cá media española.

Pola contra, hai poucas que dispoñan de páxina web propia e que fagan uso da nube para gardar documentos.

Segundo o informe, só o 42 por cento das empresas teñen contas nas redes sociais. En Madrid, Estremadura ou Cataluña fan uso do Facebook ou do Twitter máis do 54 por cento.