CRTVG

Buscar

Está pasando

Arrestado o responsable do atropelo en Virxinia

13/08/2017 00:28
As autoridades de Virxinia arrestaron ó conductor do vehículo que irrompeu contra un grupo de persoas que se opoñían a unha manifestación de supremacistas brancos en Charlottesville.

O atropelo múltiple saldouse con un falecido e 19 feridos de distinta consideración.

O suceso ocorreu pouco despois de que o gobernador de Virxinia declarara o estado de emerxencia na cidade polos enfrontamentos entre participantes na marcha e opositores.

Nunha breve comparecencia Donald Trump reprobou os feitos violentos ocorridos en Charlottesville. Condenamos nos términos máis contundentes, dixo, esta atroz mostra de fanatismo, racismo e violencia levada a cabo por múltiples partes.

O presidente de Estados Unidos non fixo referencia expresa ós supremacistas brancos que organizaron o acto malia que estre os manifestantes estaba David Duke, antigo líder do Ku Klux Klan, que dixo á CNN que "van a cumprir coas promesas do presidente Trump e retoma-lo país".