Arranca a comisión dos ERE no Parlamento andaluz
No Parlamento andaluz arranca a esta hora a comisión de investigación dos ERE fraudulentos. Ata finais de mes comparecerán 25 persoas, entre elas dez dos imputados pola xuíza instrutora do caso, Mercedes Alaya.
O ex-parlamentario socialista Ramón Díaz Alcaraz, imputado como asesor da Consellería de Emprego, abre a quenda de comparecencias. Segundo fontes próximas ao caso, podería acollerse ao seu dereito a non declarar. Tampouco contestará ás preguntas dos deputados, segundo anunciou, o ex-xerente de Mercasevilla, tamén imputado e citado para hoxe.
Ata o día 31 de agosto comparecerán outras 25 persoas na cámara andaluza. Pasarán o presidente autonómico, José Antonio Griñán, e mais o seu antecesor, o tamén socialista Manuel Chaves, ademais dos ex-ministros populares Javier Arenas e Eduardo Zaplana.
