CRTVG

Buscar

Está pasando

Arquivada a causa "Patos" excepto para Rafael Louzán

14/09/2017 18:20
A xuíza María del Carmen García abre cinco pezas separadas para seguir investigando presuntos casos de corrupción na Deputación de Pontevedra e na Autoridade Portuaria de Vigo.

Baixo o foco do xulgado están o que foi presidente da Deputación, Rafael Louzán, o seu xefe de gabinete, Luis Serantes, diversos funcionarios e responsables das empresas que supostamente resultaron beneficiadas por contratos fraudulentos.

Quedan libres de sospeita o alcalde de Vigo, Abel Caballero, os concelleiros Ángel Rivas, David Regades e Isaura Abelairas, e a que foi delegada da Xunta en Vigo, María Xosé Bravo.