CRTVG

Buscar

Está pasando

A MUD convoca máis protestas e Maduro di que a oposición quere dialogar

21/04/2017 06:16

Rematada a segunda xornada consecutiva de mobilizacións antigobernamentais en Venezuela, a oposición chama ós cidadáns a botarse de novo ás rúas hoxe, mañá e o luns. Tralos tres mortos e os máis de sesenta feridos do mércores, este xoves non hai constancia de vítimas nin balance de persoas feridas, malia que en Caracas repetíronse os enfrontamentos: os manifestantes levantando barricadas e lanzando pedras, e a policía respondéndolles con gases lacrimóxenos.

Nicolás Maduro anunciou que se querelará contra o opositor Henrique Capriles, ao que acusa de difamar as Forzas Armadas e o Goberno sinalándoos como responsables das mortes de antonte. Ao tempo que anunciaba a demanda, o mandatario aseguraba que a oposición lle trasladou -a través de mediadores internacionais- a súa disposición a dialogar para tentar superar a etapa de confrontación que se vive no país.