CRTVG

Buscar

Está pasando

A Garda Civil en estado de alerta en Ceuta

12/08/2017 23:25
Unha nova alerta dada dende Marrocos sobre unha aproximación de inmigrantes subsaharianos ó valado da fronteira con Ceuta fixo que as autoridades españolas activaran un dispositivo de vixilancia especial da Garda Civil no perímetro que separa a cidade de Marrocos.

Fontes policiais recoñeceron que está confirmado que un grupo importante de
inmigrantes, unhas 400 persoas, podería intentar un novo asalto á fronteira nas próximas horas.

Arestora non se desbota un peche da fronteira no suposto de producirse un novo intento de entrada, semellante ó ocorrido o pasado día 7 cando 187 inmigrantes entraron ás carreiras en España polo posto fronteirizo.