CRTVG

Buscar

Está pasando

A Fiscalía pedirá máis pena para Urdangarin polo caso Nóos

19/06/2017 16:15

A fiscalía do caso Nóos ten previsto recorrer a sentenza antes de que remate o mes.

O fiscal vai solicitar que se endureza a pena polo que foi condenado Iñaki Urdangarín a seis anos e tres meses de cárcere.

A Audiencia de Palma condenou a sete dos 18 acusados a penas que suman 18 anos e 5 meses de cadea.

O fiscal Pedro Horrach solicitara condenas que sumaban 107 anos.