CRTVG

Buscar

Está pasando

A comisión parlamentaria das caixas retoma esta semana o traballo

20/03/2017 16:13

Nesta nova fase, a oposición insiste en pedir novas comparecencias, que o PP non ve necesarias porque xa se substanciaron antes, como a de Núñez Feijóo, Marta Fernández Currás ou a de Fernández Ordóñez, que o fixo por escrito.

Nesta segunda volta, a comisión analizará máis de douscentos folios con nova documentación que inclúe as sentenzas polas indemnizacións millonarias dos ex-directivos das caixas. O BNG e o PSOE piden tamén que se analice a xestión de Xosé Luís Méndez á fronte da Novacaixagalicia e a posible venda fraudulenta de propiedades da entidade á súa dona.

O PP di que a Comisión non debe converterse nun instrumento de liorta política e que hai documentación dabondo para facer un ditame baseado en datos e evidencias e non en sospeitas.

A xuntanza da comisión será o xoves.