CRTVG

Buscar

Está pasando

A Casa do Rei insiste no "respecto absoluto á independencia do poder xudicial"

17/02/2017 13:06
A Casa do Rei reafirma o seu "respecto absoluto á independencia do poder xudicial" tras coñecer a decisión da Audiencia de Palma de condenar a seis anos e tres meses de cárcere a Iñaki Urdangarin e de impoñer unha multa á infanta Cristina polo caso Nóos.

A través dun voceiro, o Palacio da Zarzuela fixo público este pronunciamento tras facerse pública a sentenza do tribunal que xulgou o caso Nóos.