CRTVG

Buscar

Está pasando

A Canarias axuda a rescatar 1.800 inmigrantes nun día

21/03/2017 01:24

A fragata Canarias participou este luns no rescate de 1.800 inmigrantes que estaban á deriva en precarias embarcacións no Mediterráneo.

Os inmigrantes foron auxiliados nunha quincena de operacións coordinadas pola Central da Garda Costeira de Roma nas que, canda a fragata española e os Gardacostas italianos, participaron un barco de Médicos Sin Fronteras, varios mercantes que había na zona.

Os 1.800 rescatados súmanse aos 3.000 salvados duramte a fin de semana. No que vai de ano, 15.852 inmigrantes foron rescatados cando tentaban cruzar o Mediterráneo na busca dunha mellor en Europa; son un 67% máis dos auxiliados no mesmo período de 2016, segundo datos das autoridades italianas.