CRTVG

Buscar

Está pasando

46 mortos xa en Venezuela

19/05/2017 05:36

En Venezuela, un mozo de 25 anos converteuse na cuadraxésimo sexta vítima mortal no país en máis de mes e medio de manifestacións case diarias. Foi no estado de Zulia: atropelouno unha camioneta que, segundo a oposición, ía escoltada por chavistas motorizados.

A Fiscalía tamén confirmou o falecemento doutro home no transcurso dunha marcha no estado
de Táchira, neste caso por disparos, polo que serán imputados tres militares.