CRTVG

Buscar

Está pasando

200 hectáreas xa queimadas en O Val, en Narón

21/04/2017 00:46

Polo menos duascentas hectáreas leva arrasadas xa o incendio forestal que se declaraba a primeira hora deste xoves na localidade coruñesa de Narón, na parroquia de O Val.

O alcalde da vila confirmounos esta madrugada na Radio Galega que non hai vivendas afectadas e que non foi preciso, polo momento, desaloxar a ningún veciño. José Manuel Blanco laiouse de que o lume afecte a montes do Lugar de Interese Comunitario (LIC) da Costa Ártabra, incluído tamén na Rede Natura 2000. As lapas están no límite co veciño concello de Ferrol, preto da contorna natural da praia de Ponzos, que ten unha especial relevancia mediombiental, porque ademais de estar na Rede Natura e ser LIC e Zona de Especial Protección de Aves.

Os efectivos de loita contra o lume seguen traballando para tentar controlalo.