En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 54: "Un rastro que se perde"

Bieito, o fillo maior de Toño, está desaparecido. Os efectivos da Garda Civil, con Marga e Diego á cabeza, non dubidan en empregar o seu tempo libre para iniciar a busca, pero o caso dá un xiro cando aparece no monte o teléfono esnaquizado de Bieito. Nese intre, os sarxentos Neira e Bazán concentran as súas forzas en investigar todas as persoas que tiñan relación con Bieito e os sospeitosos non tarda en aparecer. 

Ademais, o tenente Penedo recibe unha chamada de Comandancia, dende onde o informan que hai un investigador privado en Serramoura. Tomás non ha tardar en saber quen contratou o detective e faille unha visita a Teresa Soutelo. Porén, Tomás vai quedar abraiado da verdadeira intención de dona Teresa ao contratalo. 

Mentres tanto, Román e Evaristo continúan coa súa guerra particular. O serradoiro ofrécelle un contrato a Román para que comece a transportar madeira, pero Evaristo non aproba a operación. Nun intento por desestabilizar a Román, acúsao do roubo de maquinaria, algo que afectará directamente a credibilidade do fillo.