En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 25: Serramoura, 1982

Continúa a investigación que mantén en albas aos membros do Cuartel de Serramoura: descuberto o cadáver da nai da sarxento Neira e a súa irmá Raquel, toca pescudar quen é o asasino. 

Un asasinato cometido hai máis de trinta anos. Un crime que dinamita a fráxil paz da localidade. Raquel e Marga deben retornar ao ano 1982 e buscar no pasado dos seus veciños, dos seus amigos. Unha viaxe no tempo que revela segredos, mentiras e miserias, entre os que se atopa a clave para dar co asasino da súa nai.